Meira acolle un curso de manipulador de alimentos
TerraChaXa
O Concello de meira organiza un curso de de manipulador de alimentos para o sábado 19 de novembro na casa da cultura
16 Nov 2022
O Concello de Meira organiza un curso de manipulador de alimentos para o sábado 19 de novembro. Este taller será totalmente gratuíto e terá unha duración de tres horas.
Os participantes obterán a certificación obrigatoria segundo o regulamento europeo 852/2004.
Impartirase en horario de 10.30 a 13.30 horas na casa da cultura desta localidade por un técnico en Hixiene Alimentaria.
Contará con prazas limitadas polo que compren a facer previa inscrición, de luns a venres, no teléfono 982 818 935.