Meira acolle un curso de manipulador de alimentos
TerraChaXa
Será este sábado 1 de xuño e terá unha duración de tres horas
Persoa traballando con alimentos
28 Maio 2024
O Concello de Meira organiza un curso de manipulador de alimentos para o sábado 1 de xuño. Este taller terá unha duración de tres horas.
Os participantes obterán a certificación obrigatoria segundo o regulamento europeo 852/2004.
Impartirase en horario de 10.00 a 13.00 horas no centro sociocultural desta localidade por un técnico en Hixiene Alimentaria.
Contará con prazas limitadas polo que compren a facer previa inscrición, de luns a venres, no teléfono 982 818 935.