Meira acolle un novo curso de elaboración de xabóns
TerraChaXa
O Concello de Meira organiza un novo taller de elaboración de xabóns que se celebrará o domingo 21 de maio en horario de tarde.
4 Maio 2023
O Concello de Meira organiza un novo taller de elaboración de xabóns que se celebrará o domingo 21 de maio en horario de tarde.
O obradoiro desenvolverase no Cabanón Grande, na Praza do Convento e ten aberto o prazo de inscrición ata o 14 de maio. Esta debe facerse no teléfono 618 679 632 ou no correo turismo@concellodemeira.com.
Ademais, ao finalizar o curso, os asistentes poderán levar para casa os produtos elaborados.
O asistentes aprenderán a elaborar xabóns de todo tipo, de lavadora, de peza ou corte, de tocador, etc.