Meira acolle unha charla sobre aforro enerxético en explotacións gandeiras
Este xoves 28 de febreiro Beealia e Bilega organizan na Casa da Cultura de Meira unha charla informativa dende as 15:30 horas ata as 17:30 sobre as oportunidades das ganderías de cara á xeración de enerxía con fontes renovables e o aforro enerxético.
Beealia, como entidade de Asesoramento e Xestión, e Bilega, como empresa especializada na xestión enerxética, colaboran na achega de solucións específicas e adaptadas a cada gandería en función das súas necesidades e das posibilidades de xeración.
Tamén explicaranse as axudas do INEGA á xeración de enerxía con fontes renovables e ao aforro enerxético nas ganderías.
Para poder revisar caso por caso recoméndase traer as facturas dos últimos 12 meses para poder analizar o consumo e a tarificación eléctrica de cada gandería.
A entrada é libre pero para acomodar a todos os participantes compre inscribirse no 619032791 ou en contacto@beealia.com