Meira acolle unha reunión informativa e una manifestación sobre os eólicos
TerraChaXa
A casa da cultura de Meira acollerá o 10 de decembro unha nova reunión informativa, sobre os proxectos de macroparques eólicos
4 Dec 2021
A casa da cultura de Meira acollerá o próximo venres 10 de decembro, ás 21.00 horas, unha nova reunión informativa, sobre os proxectos de macroparques eólicos que afectan aos concellos de Meira, A Pastoriza e Pol.
Esta xuntanza contará coa presenza de avogados para poder profundizar en todas as opcións posibles ante o rexeite dos proxectos. Esta reunión é previa á concentación concentración que terá lugar o sábado 11 na Praza do Concello, ás 12 horas. Esta manifestación, convocada pola Coordinadora Eólica Así Non, celébrase en Meira como centro de reunión da Terra Chá mentres outras similares teñen lugar no resto de Galicia.