Meira acolle unha xornada informativa sobre a fertilización con xurro, normas e maquinaria de aplicación
Meira acolle unha xornada informativa este luns, 18 de marzo, a partir das 11.30 horas, sobre a fertilización con xurro, normas e maquinaria de aplicación.
A Casa da Cultura do Concello de Meira acollerá esta xornada organizada pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Meira.
Así, ás 11.30 horas comezará a xornada coa charla 'Aproximación ao estado da fertilidade dos solos nas explotacións da nosa contorna' impartida por Eloy Villada, da SGPF; ás 12.00 horas terá lugar a de Marcos Vázquez, presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Lugo baixo o nome de 'Sistemas de aplicación mecanizados de purín'; e por último ás 12.50 horas será a quenda das preguntas e debate sobre os temas tratados.