Meira acolle unha xornada sobre saúde dentro do programa Xunt@s

TerraChaXa
O programa Xunt@s continúa en Meira cunha charla.
saude balnerario tratamento
5 Mar 2024

O programa Xunt@s continúa en Meira cunha charla. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que, da man dos municipios da provincia, busca contribuír ao envellecemento activo no rural a través de actividades gratuítas de lecer e formación.

Nesta ocasión será unha charla sobre incontinencia da urina, terá lugar o xoves 7 de marzo, ás 16.00 horas, na casa da cultura. O relatorio estará a cargo do doutro Javier Sánchez Rodríguez-Losada, especialista en Uroloxía.

Son xornadas dirixidas a toda a poboación maior de idade.

0.21454691886902