Meira acollerá as finais comarcais de fútbol sala da Terra Chá

TerraChaXa
A competición dará comezo ás 9:30 horas coa final cadete entre EDM Meira e EDM Pastoriza
finais-futbol-sala-comarcal
25 Mar 2025

O pavillón municipal de Meira será o escenario das finais comarcais de fútbol sala da Terra Chá, correspondentes á tempada 2024-25. A xornada celebrarase este sábado, 29 de marzo, e reunirá aos mellores equipos da comarca en diferentes categorías de base.

A competición dará comezo ás 9:30 horas coa final cadete entre EDM Meira e EDM Pastoriza. A continuación, disputarase a final infantil ás 10:30 horas, onde EDM Meira e Outeiro medirán forzas. O mesmo enfrontamento repetirase nas categorías alevín e benxamín, con partidos programados para as 11:30 e 12:30 horas, respectivamente.

Pola súa banda, a categoría prebenxamín pechará a competición cun duelo entre Outeiro 1 e Vilalba 1, previsto para as 13:30 horas. A entrega de medallas e trofeos terá lugar ás 14:30 horas.

Este evento deportivo, organizado polo Concello de Meira e Xogade, reunirá a mozos futbolistas da comarca nunha xornada de emoción e competición.

⚙ Configurar cookies
0.76374483108521