Meira acollerá o 2 de xullo unha xornada de recoñecemento para persoas coidadoras de familiares maiores

TerraChaXa
Esta iniciativa forma parte dun ciclo presentado en 14 concellos da provincia de Lugo
_charla-dar-voz-cuiden
30 Jun 2025

Desde a Asociación Cuiden Maiores e Coidadores de Foz informan da celebración dunha xornada gratuíta no Concello de Meira destinada a recoñecer e acompañar emocionalmente ás persoas que coidan dun familiar maior no fogar. A actividade, baixo o lema Dar voz a quen coida, terá lugar o mércores 2 de xullo de 2025, de 16:00 a 18:00 horas, na Casa da Cultura de Meira (rúa Federico González López, s/n), sendo de acceso libre e gratuíto, cun único requisito: dar o paso de asistir.

Esta iniciativa forma parte dun ciclo presentado en 14 concellos da provincia de Lugo co obxectivo de dar visibilidade a unha realidade frecuentemente silenciada, especialmente no ámbito rural, onde moitas persoas dedican boa parte do seu día a día ao coidado de familiares maiores, sen apoio nin recoñecemento social.

A xornada, organizada pola Asociación Cuiden en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Meira e Decibel Audioloxía, busca crear un espazo seguro de recoñecemento, compartir experiencias e ofrecer acompañamento emocional ás persoas coidadoras, que moitas veces asumen en soidade esta responsabilidade.

As persoas interesadas poden solicitar máis información ou confirmar a súa asistencia a través de WhatsApp no teléfono 644 032 222.

Desde a Asociación Cuiden agradecen de antemán a atención dos medios para difundir esta actividade e quedan á disposición para ampliar calquera información necesaria.

⚙ Configurar cookies
0.16536688804626