Meira acollerá o sábado unha nova edición dos Cantos de Taberna con participación de numerosos grupos

TerraChaXa
O evento está organizado pola Escola de Música Municipal (ESMU) de Meira e conta coa colaboración do Concello
cantos-de-taberna
13 Apr 2026

A localidade de Meira celebrará este sábado, 18 de abril, unha nova edición dos Cantos de Taberna, unha cita xa consolidada que combina música tradicional, ambiente festivo e dinamización da hostalaría local.

Ao longo da xornada, diferentes establecementos do municipio acollerán actuacións musicais en directo, convertendo as rúas nun percorrido cheo de ritmo e tradición. Entre os grupos participantes atópanse I máis D, Tibor, O Pozo, O Toxo, Recuncho, La Flor, Arguiñano, Cazoleiro, Os Agustiños, Caivanca, Leña Verde, Son Outeiro e Os d’aquí.

O evento está organizado pola Escola de Música Municipal (ESMU) de Meira e conta coa colaboración do Concello, que apoia esta iniciativa co obxectivo de fomentar a cultura popular e promover a participación veciñal.

Os Cantos de Taberna supoñen unha oportunidade para gozar da música en directo nun ambiente próximo e distendido, ao tempo que se impulsa a actividade nos locais hostaleiros, converténdose nun dos eventos máis agardados do calendario festivo da vila.

0.12963080406189