Meira acollerá un campamento durante os dous meses de verán
O Concello de Meira organiza tamén un campamento de verán na localidade durante durante os meses de xullo e agosto dirixido a menores de 3 a 14 anos.
As actividades, que se desenvolverán de luns a venres, están fixadas en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, desde o 1 de xullo ao 30 de agosto. Os participantes poderán gozar de xogos de animación, mesa ou tradicionais, talleres, piscina, excursións, multideporte, busca do tesouro, etc.
As persoas interesadas en sumarse ás actividades de verán poden solicitar máis información ou inscribirse enviando un whatsapp ao número 629 302 039 antes do mércores 26 de xuño.
O prezo é de 160 euros por mes, 300 polos dous meses e 65 por semana. Para os irmáns haberá un desconto. Tamén haberá servizo concilia desde ás 9.30 horas.