Meira acollerá un obradoiro de memoria e ximnasia de mantemento a partir de outubro

TerraChaXa
Trátase das dúas actividades das escolas deportivas municipais para adultos
obradoiros-adultos-meira
14 sep 2024

Dentro das Escolas Deportivas Muncipais para adultos, o Concello de Meira organiza un obradoiro de memoria que se desenvolverá todos os mércores de 10.00 a 12.00 horas.

Esta actividade ten aberto o prazo de inscrición e admitirá un máximo de dez persoas por grupo e un mínimo de 5.

As clases, que serán gratuítas, está previsto que dean comezo no mes de outubro.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo no teléfono 629 302 039.

Tamén contará cunha actividade de ximnasia de mantemento para adultos que se desenvolverá os luns e venres pola mañá e os martes pola tarde.

Esta actividade ten aberto o prazo de inscrición e admitirá un máximo de dez persoas por grupo e un mínimo de 5.

As clases, que tamén serán gratuítas, iniciaranse en outubro.

Están previstos dous grupos os luns e tamén os venres, con dúas clases dunha hora, unha de 10.00 a 11.00, e outra de 11.00 a 12.00 horas. Os martes as sesións serán ás 16.00 e ás 17.00 horas.

0.20598387718201