Meira acollerá unha xornada cultural na honra de Avelino Díaz
A asociación cultural poeta Avelino Díaz celebrará o sábado 16 de novembro unha xornada cultural para celebrar os 122 anos do nacemento do poeta da comarca.
O acto terá lugar no centro socioucltural de Meira a partir das 16.30 horas cunha proxección dos documentais 14 razóns para un Día das Letras e Actos do 121 aniversario, ademais dun pasaxe musical a cargo do cuarteto de saxogóns da Banda de Música de Meira.
Ás 17.00 horas haberá unha conferencia de Bernardo Penabade Rei, profeso, investigador e actividad cultural.
Unha hora máis tarde haberá un novo recital poético a cargo da mariscadora Teresa Ramiro e do mestre Antom Laia, complementado con outros momentos musicais.
Seguirá no programa unha nova conferencia de Antón Santamarina co título Algúns aspectos da fala de Avelino antes do peche musical e dunha merenda.