Meira aproba o reparto dos fondos do Plan Único

TerraChaXa
A Xunta de Goberno Local de Meira aprobou o reparto dos fondos do Plan Único da Deputación do ano en curso, que ascenden a 225.000 euros.
concello de meira
4 Feb 2022

A Xunta de Goberno Local de Meira aprobou o reparto dos fondos do Plan Único da Deputación Provincial do ano en curso, que ascenden a 225.000 euros. Aos que se suman 9.456,30 euros de achega municipal para o capítulo de investimentos.

Así, decidiron dirixiar 191.329,26 euros a obras para mellorar o saneamento, as pistas e a accesibilidade no municipio e outras obras como o saneamento da Praza do Concello, para dar saída aos desaugadoiros da igrexa, o consistorio, a casa reitoral, incendios, os cabanóns ou o convento. A obra prevista consiste no cambio das tubaxes no tramo que vai dende a igrexa de Santa María de Meira ata o cruce co comenzo da LU-751 e conta cun orzamento de 14.569,21 euros.

Así mesmo, o Concello destinará 39.928,22 euros á adaptación de beirarrúas no núcleo urbano, que incluirá varias intervencións na Avenida de Lugo e noutras rúas. Engádese taména mellora da pavimentación nos accesos ao centro médico, á pista de pádel e ao núcleo de Val da Cal, por importe de 27.485,88 euros.

Outro dos destinos dos cartos do Plan Único é para o acondicionamento de accesos nos núcleos de Irimia Alta, A Cova e Seixosmil, cunha partida de 40.052,78 euros.

Tamén se fará a canalización de augas en Riocabo e Muíño de San Xulián (28.279,01 euros) e co reemprazo de árbores no Paseo Central e o acondicionamento de aparcadoiros na avenida de Lugo e na rúa San Roque cun orzamento de 28.433,74.

Finalmente, investirán na compra dunha trituradora e desbrozadora para tractor, con 12.580 euros, para o desbroce de pistas e camiños.

O Concello tamén destinará cartos ao fomento do emprego, coa contratación de catro operarios de servizos durante seis meses e dedicará ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) 1.835,69 euros.

0.1178560256958