Meira aproba un orzamento de 2,3 millóns de euros para o ano 2023

TerraChaXa
O Pleno de Meira aprobou os orzamentos para o próximo ano que contarán cun montante total de 2,3 millóns de euros, unha cifra récord, segundo indicou o tenente de alcalde, Agustín Méndez.
26 Dec 2022

O Pleno de Meira aprobou os orzamentos para o próximo ano que contarán cun montante total de 2,3 millóns de euros, unha cifra récord, segundo indicou o tenente de alcalde, Agustín Méndez.

Novamente, os orzamentos irán dirixidos no 23% ao gasto social, que supón 530.605 euros; e para investimentos en novos servizos destinarán 411.000 euros.

Neste capítulo hai varias obras previstas como a mellora da casa da cultura, a instalación da cuberta da pista de pádel, o acondicionamento do Bar Centro, a realización do inventario de camiños, a mellora da EDAR e os accesos a Marrondo, Touzón e Vilarmouro, así como a instalación dunha pista multideporte e a mellora de varias instalacións deportivas, como o campo de fútbol.

Agustín Méndez comunicou no pleno, que o Concello procederá ao pago da últlima cota do préstamo que solicitou o PP no ano 2012 e asegurou que as facturas estanse pagando ao día polo que teñen previsto rematar o mandato con débeda cero.

0.1821231842041