Meira arranca a última parte do programa de Nadal coa pista de xeo

TerraChaXa
Esta mesma tarde de sábado nos Cabanóns do Convento, será unha tarde chea de animación e música
nadal-meirego-programacion
3 Jan 2026

O Concello de Meira ultima o programa destas datas co Nadal Meirande, un completo programa de actividades festivas que se desenvolverá do 3 ao 11 de xaneiro e que está pensado para todos os públicos, con especial protagonismo da infancia e das familias.

Un dos principais atractivos destas festas será a pista de xeo, que funcionará do 5 ao 11 de xaneiro no Polideportivo Municipal, cun prezo de 2 euros por sesión. A pista estará aberta en diferentes horarios segundo os días, con quendas de mañá e tarde, e cada volta terá unha duración de 30 minutos. Os nenos e nenas menores de 12 anos deberán acudir acompañados dun adulto. Para acceder será necesario realizar reserva previa e o pagamento efectuarase antes de entrar na pista.

Pero continúa esta mesma tarde de sábado nos Cabanóns do Convento, cunha tarde chea de animación que incluirá pintacaras entre as 17.00 e as 20.00 horas, un espectáculo do Mago Deimi ás 18.00 horas e unha sesión de DJ infantil. A xornada continuará pola noite coa actuación de Gin Tonics ás 20.30 horas e música a cargo do DJ Pedro Brmudz a partir das 23.00 horas.

O domingo 5 de xaneiro ás 17:00 horas celebrarase a Cabalgata de Reis, que percorrerá as rúas da vila desde a praza do Concello con remate no pavillón municipal de deportes.

Un dos pratos fortes do Nadal Meirego é o Belén vivente, que se representará de novo na igrexa de Santa María o 6 de xaneiro, a cargo dos alumnos do colexio.

⚙ Configurar cookies
0.075169801712036