Meira arranca o domingo co seu programa de Semana Santa
A Confraría Nosa Señora do Pedregal e o Concello de Meira estrean este domingo o programa de celebración da Semana Santa coa tradicional bendición de ramos, ás 19.00 horas na praza Maior o acto relixioso que abrirá o programa que se prolongará ao luns coa celebración comunitaria da penitencia, ás 20.00 horas.
O Mércores Santo, ás 22.00 horas terá lugar a tradicional Tamborrada antes dos actos máis destacados dos resto dos días.
O Xoves Santo haberá dúas citas, a primeira será, ás 18.00 horas, a celebración da Última Cea e, ás 21.00 será a Hora Santa.
Ao día seguinte a programación terá lugar o Vía Crucis a partir das 12.00 horas e, pola tarde, ás 20.30 horas, a celebración da Paixón para completarse coa procesión do Santo Encontro.
Finalizarán o sábado os actos, ás 11.00, co Rosario Meditado e, ás 21.30 horas a Vixilia Pascual.
A procesión sairá dende a Igrexa parroquial, pasando pola Praza Maior e dirixíndose a rúa Lourido, pasando por Avenida de Lugo.
Discorrerá pola Praza Maior, mentres Amador interpreta una saeta dende a empedrada, dirixíndose á Praza do concello.
Alí terá lugar a narración do acto, a actuación dos gaiteiros de Meira (mentres se fai a ofrenda floral), o canto da Salve Raiña a cargo de Marta Pacín, a oración de conclusión e a acollida do Santo Cristo.
Terminado o acto toda a procesión volverá dirixirse á Igrexa Parroquial.
Rematará a programación o domingo 9 cunha representación músico teatral a partir das 13.30 horas.
EXPOSICIÓN
A igrexa de Santa María en Meira acolle ata o 15 de abril unha exposición co título Sons no tempo, sobre a Banda de música de Meira, que cumpre 20 anos. A mostra pode visitarse todos os días de 10.00 a 13.30 horas e polas tardes o horario muda de 19.00 a 20.30 horas pola semana ata o da fin de semana, de 16.30 a 19.00 horas. A exposición inaugurouse o pasado día 25 cunha actuación dos homenaxeados.