Meira avanza parte do seu programa para as Festas do Quince

TerraChaXa
Terán lugar do 14 ao 17 de agosto e a primeira xornada será o Día do Neno
festas-meira
7 Jul 2025

As Festas de Meira 2025 en honra á Nosa Señora e San Roque xa teñen parte do seu programa, e o concello convida á veciñanza e visitantes a participar desta cita referente do verán na comarca.

O día 14, dedicado ao Día do Neno, contará pola tarde coa actuación da Banda de Música de Meira ás 19:30 e a Charanga Louband ás 20:15, antes do pregón que será ás 22:15, dando paso á verbena coas orquestras Cinema e Hermo.

O día 15 celebrarase a misa solemne e procesión coa Banda de Música de Meira ás 13:00, seguida dunha sesión vermú co Grupo Fénix, e ao longo da mañá realizarase unha escultura en directo da man de Eugenio Linares. Pola tarde, ás 18:00, O Mago Paco ofrecerá o seu espectáculo dentro do programa Móvete da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, seguido dun grupo de música tradicional dentro do programa Tradigalu. A verbena dese día estará amenizada polo Grupo Fénix e Charleston Bigband.

O 16 de xullo, a festa continuará coa saída da igrexa e procesión á Capela de San Roque ás 12:30, acompañada pola Banda de Gaitas de Meira, e sesión vermú co Grupo Eureka, ademais de actividades de 3x3 pola tarde no Plantío. A verbena correrá a cargo de Eureka e Combo Dominicano.

Finalmente, o 17 de xullo pecharanse as festas coa tradicional xira campestre, sesión vermú co dúo Tropical, charanga pola tarde e verbena co dúo Tropical e DJ Casanova, garantindo animación continua durante catro días de música, actividades culturais e ambiente festivo en Meira.

⚙ Configurar cookies
0.17112112045288