Meira busca novo inquilino para o restaurante O Muíño cun contrato de cinco anos

TerraChaXa
A concesión terá unha duración de cinco anos e non contempla prórroga
RESTAURANTE-MUINO-MEIRA
16 May 2025

O Concello de Meira abre o proceso para adxudicar o arrendamento do restaurante O Muíño, situado no parque Profesor Río Barja, a través dun concurso público. A concesión terá unha duración de cinco anos e non contempla prórroga.

As persoas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 27, segundo recolle o prego de condicións, que establece unha renda mensual inicial de 726 euros. Este importe manterase sen cambios durante os tres primeiros anos e revisarase despois en función do índice de prezos ao consumo.

Cada licitador poderá presentar unha única proposta, que deberá rexistrarse nas oficinas municipais do Concello de Meira, na Praza do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O restaurante leva tres anos pechado e xa se intentou adxudicar noutra ocasión, pero agora, desde setembro, recibiron chamadas de xente interesada.

⚙ Configurar cookies
0.1656129360199