Meira celebra o sábado a Festa dos Coches polo San Cristovo
A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos (Acea) de Meira, en colaboración co Concello, repetirá este ano a Festa dos Coches polo San Cristovo, que terá lugar este sábado, 15 de xullo.
Esta festa levaba varios anos sen celebrarse, concretamente dende 1969, e recuperouse despois da pandemia para dárlle un impulso á hostalaría e o comercio local, a iniciativa da parroquia de Santa María de Meira.
O programa da Festa arrincará ás 13.00 horas cun pasarrúas a cargo do grupo Lecer e ás 14.00 está previsto que se inicie a bendición de vehículos na praza. Este chegarán en procesión desde o Campo do Plantío, onde están citados a concentrarse ás 13.30 horas.
Unha vez rematada a bendición dos coches terá lugar unha sesión vermú para dar paso a unha churrascada para todos na praza, na que tamén haberá actividades e xogos para os máis pequenos.
A organización lembra que o servizo de churrasco ten un prezo de 10 euros por ración e os participantes na bendición recibirán un desconto de 5 euros.