Meira celebra o xoves a súa primeira Noite de Morcegos

TerraChaXa
Este xoves, 28 de setembro, celebrarase en Meira a primeira Noite de Morcegos.
Noite de Morcegos Meira
25 sep 2023

Este xoves, 28 de setembro, celebrarase en Meira a primeira Noite de Morcegos.

Será ás 19:30 horas no muíño do parque Profesor Río Barja da man de Morcegos de Galicia, co patrocinio da Deputación de Lugo e colaboración do Concello de Meira.

Durante a sesión aprenderase a importancia dos morcegos na consevación dos ecosistemas e as especies que hai nesta zona. É aconsellable levar roupa de abrigo e calzado cómodo.

A actividade é de balde pero cómpre inscrición no teléfono 618 679 632 e está orientada a todo o público (dende infantil a maiores).

Noite de Morcegos Meira
0.20628786087036