Meira celebrará o 13 de maio a ruta de sendeirismo Miño-Eo

TerraChaXa
O Concello de Meira abriu o prazo de inscrición para a Ruta de Sendeirismo Miño-Eo, que terá lugar dentro o domingo 13 de maio cun percorrido de 20 quilómetros de dificultade media-alta.
portada_ruta
15 Abr 2018

O Concello de Meira abriu o prazo de inscrición para a Ruta de Sendeirismo Miño-Eo, que terá lugar dentro o domingo 13 de maio cun percorrido de 20 quilómetros de dificultade media-alta.

A concentración de participantes será coma todos os anos diante do Concello para saír ás 8:30 a pé ata o Pedregal, lugar onde comeza a ruta sinalizada.

O almorzo, coma de costume, terá lugar en Espido (a 9km do inicio), e o xantar ao final da ruta, no Estreito, arredor das 14:00h.

Tamén haberá un punto de avituallamento no Piñeiro e auga nos vehículos de Protección Civil que prestarán apoio durante o percorrido.

Aínda así, recoméndase aos camiñantes levar auga, petisco doce ou froitos secos para o camiño, así como roupa e calzado adecuados (botas montaña), sombreiro/gorra, apoio (vara, stick, ...) posto que o terreo está húmido e brando. Tamén se aconsella levar roupa para cambiarse ao remate da ruta.

O prezo de inscrición é de 10€ por persoa e o prazo de inscrición remata o xoves 10 de maio. Os lugares para apuntarse son a Oficina de Turismo, Oficinas Municipais do Concello de Meira (Casa do Concello); nos teléfonos: 618.679.632 (O.Turismo) 982.330.102 (Concello); ou por correo electrónico turismo@concellodemeira.com.

ruta_minho_eo
0.18319702148438