Arrinca en Meira o concurso de tapas
O Concello de Meira celebrará esta última fin de semana de abril unha nova edición o Concurso de Tapas, que chega á súa sétima edición e no que participarán un total de 12 establecementos hostaleiros.
O Concurso terá lugar finalmente entre o 26 e o 29 de abril, ambas as dúas datas incluídas. O prezo da tapa será de 2 euros e estas poden consumirse a partir das 20.00 horas.
As normas de participación neste concurso seguirán sendo as mesmas que en edicións anteriores. O público poderá votar as tres mellores tapas con 3, 2 e 1 punto, votación da que sairán os futuros gañadores.
As persoas que queiran votar deben ter selados polo menos 6 establecementos, e para optar aos premios dirixidos ao público que dispón a organización, deben ter todos os selos dos locais participantes. Para o clientes haberá tres premios consistentes en cheques de compra por valor de 300, 210 e 90 euros cada un.
O reconto dos votos e o sorteo dos premios terá lugar o mércores día 2 de maio pola mañá na casa do Concello de Meira.
Participan nesta edición O Muíño, Chispas, Cazoleiro, Arguiñano, A Flor, O Recuncho, Xeira, Centro, O Pozo, Catalán, Nova Pizza e Pedreira.