Meira: Cinco listas para unha vila na que o PSOE ten os dous terzos dos votos
Historicamente esta é unha localidade de moito cambio na corporación. Partidos que se crearon e que desapareceron, cambios de poder entre a dereita e a esquerda son os protagonistas desta localidade que escolle a nove concelleiros e que actualmente ten a Corporación de maioría contundente socialista, xa que o actual alcalde, Antonio de Dios, levouse os dous terzos dos votos nas últimas eleccións. Este ano, repite o candidato socialista pero renovan todo o resto de aspirantes. Incluso entra VOX na pelexa electoral.
PSOE
Desde 2003 leva presentándose Antonio de Dios ás eleccións á Alcaldía de Meira, nas dúas primeiras ocasións como independente e xa desde 2011 baixo as siglas do PSOE. Foi cos socialistas cos que logrou facerse con 4 concelleiros fronte aos 5 do PP. En 2015 accedeu á Alcaldía aumentando o seu respaldo nas últimas eleccións. Conta coa vantaxe de ter á oposición moi dividida, xa que outros tres partidos, cun concelleiro cada un, obtiveron representación.
Repite novamente Antonio de Dios como aspirante á Alcaldía de Meira e faino satisfeito polo labor desenvolvido. A apertura da residencia de maiores foi o gran proxecto desta última lexislatura na que tamén figuraron obras de relevo como a transformación da finca do Plantío, onde se instalará un complexo para dar saída á actividade deportiva, social e económica da vila.
Pero hai máis proxectos “temos a idea de ampliar a área de caravanas e a ponte, pero este último é prioritario porque xa está todo preparado e acordado para que comece a obra. E logo seguiremos traballando en todo o que nos piden dende o colexio, ou a gardería así como o centro de maiores para mellorar a contorna”.
PARTIDO POPULAR
Á fronte do PP está Óscar Fernández, que substitúe a Carlos Veiga. Óscar Fernández decidiu presentarse á alcaldía para cambiar “a realidade que vivimos no día a día que demostra que o actual goberno non ten proxecto de futuro: os empresarios vemos que non hai aposta decidida polas actividades económicas, os pais e nais temos que levar aos nosos fillos realizar actividades propias da idade a outros concellos, non dispoñemos de oferta deportiva ou cultural, tampouco podemos acceder a vivenda e, todo iso, a pesar de pagar unhas taxas e impostos desorbitados”.
BNG
Os nacionalistas tamén cambian de candidata. A asemblea local elixiu a Ermitas Rodríguez Gómez. É enxeñeira agrónoma de profesión e gandeira, profundamente coñecedora da realidade social e económica do Concello, e unha activista recoñecida en toda a comarca de Meira. A candidata nacionalista destacou que “Meira ten capacidade de sobra para xerar oportunidades; desde o BNG temos ideas, temos equipo e ilusión, e saímos a por todas para liderar o goberno municipal”.
CONTAMOS
O partido Galicia Sempre logrou ter en 2019 representación cun concelleiro e este ano este partido, con novo candidato, Pablo Corbelle, e baixo o paraugas común de Contamos, elaborou unha lista. “Somos un grupo de xente nova, cheos de enerxía, ganas e ilusións por facer cambios positivos no Concello. Presentamos a nosa candidatura ás eleccións municipais co obxectivo de impulsar o crecemento económico e social de Meira”, explica.
VOX
Meira é un dos oito municipios de Lugo nos que o partido de extrema dereita presentou candidato. Este é Faustino Juan Yáñez López, licenciado en filoloxía portuguesa e doutor en Lingua Española e lingüística xeral, na actualidade exerce como docente, examinador, tradutor e intérprete.
CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023
PSOE
1. Antonio de Dios Álvarez
2. Agustín Méndez Moirón
3. María de las Urdes Díaz Yanes
4. Rubén Vidal Vidal
5. Manuel Vidal Vallejo
6. María José Salgado Lejo
7. Manuel Ares Ocampo
8. Rosa Forja Díaz
9. Jesús Villamide Díaz
PP
1. Óscar Fernández Fernández
2. Sonia Folgueira Bouso
3. Enrique Castro Castro
4. Emilio Costa Soto
5. Carlos Gómez Castañal
6. Román Castro Blanco
7. Ramiro Pérez Freijo
8. María del Rocío Couso Fernández
9. Rosendo Folgueira Valle
VOX
1. Faustino Yáñez López
2. Nair Trastoy Cupeiro
3. Miguel Vázquez Rúa
4. Juan Antonio Arce Aliseda
5. María Amparo Cortés Navarro
6. Ángel Hernández Sanz
7. Samuel Julio Mier Álvarez
8. Mónica Fuensanta Sánchez Abad
9. Patricia Rueda Perelló
CONTAMOS
1. Pablo Corbelle González
2. Castor López Gavín
3. Marta Bargueiras Freire
4. Julián González Ramón
5. José Manuel López Fernández
6. Reinier Martínez Cantún
7. Cristian Rico Rodríguez
8. Reinaldo Martínez Valdés
9. María Jesús Castro Veiga
Suplentes
1. Felicísima Martín Rubio
2. Amable Fernández González
3. Abel Lombardía López
BNG
1. Ermitas Rodríguez Gómez
2. Carlos Agrelo Nieto
3. Raquel Abraira Sobrado
4. Rubén Lagarón Doval
5. María José Jiménez Barrio
6. David Fernández García
7. Beatriz Gómez Lourido
8. Juan Carlos Aguiar Redondas
9. Felipe Nieto Pérez
Suplentes
1. Elisa Río Conde
2. Hector Pérez Fernández