Meira colocará 600 trampas para velutinas

TerraChaXa
Meira instalará 600 trampas para velutinas cubrindo toda a extensión do municipio en especial nas zonas limítrofes con outros concellos.
velutina meira
11 Abr 2021

O Concello de Meira acometerá un proceso de trampeo da vespa velutina por primeira vez para controlar a poboación.

Nesta primavera de 2021 o Concello instalará máis de 600 trampas xeolocalizadas, cubrindo toda a extensión do municipio e durante tres meses de primavera. O obxectivo é evitar que se instalen niños, tras retirar o ano pasado unha trintena e atacar ás raíñas xa instaladas.

A implicación dos apicultores locais e veciños do municipio é fundamental para proceder a esta acción.

Esta operación se realiza a través da empresa Serpa, que consiste na colocación de trampas con líquido atraínte especial para a captura de raíñas tras o letargo invernal.

O TRAMPEO

Realizar unha trampa é algo rápido e sinxelo, cunha simple botella de auga ou refresco con dous buracos enfrontados rechea con zume de arandos e mesturado cun pouco de cervexa negra, pódese atrapar esa raíña de velutina que elixiu o xardín para pasar o inverno aletargada.

Outro labor non menos importante pero algo máis complexa é tentar localizar os niños primarios, no seu inicio teñen o tamaño dunha pelota de tenis, e as raíñas adoitan escoller zonas de abrigo, como poden ser aleros de casas ou tellados de alpendres e garaxes.

trampa velutina
0.19568705558777