Meira completa o cartel para as Festas do Quince


As Festas de Meira 2025 en honra á Nosa Señora e San Roque xa teñen completo o seu programa, e o concello convida á veciñanza e visitantes a participar desta cita referente do verán na comarca.
O día 14, dedicado ao Día do Neno, contará pola tarde coa actuación da Banda de Música de Meira ás 19:30 e a Charanga Louband ás 20:15, antes do pregón que será ás 22:15 con Uxía Rodríguez, dando paso á verbena coas orquestras Cinema e Hermo.
Tamén se celebrará ás 20:30 o V Trofeo das Festas Vila de Meira contra o SD Pol.
O día 15 celebrarase a misa solemne e procesión coa Banda de Música de Meira ás 13:00, seguida dunha sesión vermú co Grupo Fénix, e ao longo da mañá realizarase unha escultura en directo da man de Eugenio Linares. Pola tarde, ás 18:00, O Mago Paco ofrecerá o seu espectáculo “Ledicias” dentro do programa Móvete da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, seguido ás 19:00 do Quinteto de Leña Verde dentro do programa Tradigalu. A verbena dese día estará amenizada polo Grupo Fénix e Charleston Big Band.
O 16 de xullo, a festa continuará coa saída da igrexa e procesión á Capela de San Roque ás 12:30, acompañada pola Banda de Gaitas de Meira, e sesión vermú co Grupo Eureka, ademais de actividades de 3x3 pola tarde no Plantío ás 18:00. A verbena correrá a cargo de Eureka e Combo Dominicano.
Finalmente, o 17 de xullo pecharanse as festas coa tradicional xira campestre, sesión vermú co Dúo Tropical, pola tarde haberá festa da escuma e Charanga 555, e a verbena co Dúo Tropical e DJ Casanova, garantindo animación continua durante catro días de música, actividades culturais e ambiente festivo en Meira.
