Meira conmemora o 25N cunha concentración
TerraChaXa
Meira vestirá de negro contra as violencias este xoves, 25 de novembro. Así, está prevista unha concentración ás 11.00 horas na praza do Concello.
22 Nov 2021
Meira vestirá de negro contra as violencias este xoves, 25 de novembro, un ano máis. Así, está prevista unha concentración ás 11.00 horas na praza do Concello.
Nesta actividade reivindicativa haberá lectura de manifestos e intervencións dos alumnos e alumnas dos distintos centros educativos. Así está confirmada a participación de varios grupos do CEIP Poeta Avelio Díaz, o IES Pedregal de Irimia e dos usuarios da escola de música local.