Meira conmemora o Día Internacional da Muller con maxia no centro sociocultural Federico González

TerraChaXa
O venres 6 de marzo, ás 11:10 horas, terá lugar a presentación do acto, seguida da actuación do Mago Paco
dia-da-muller-meira
5 Mar 2026

O Concello de Meira organiza unha programación especial para conmemorar o Día Internacional da Muller, con dúas actividades que se levarán a cabo no centro sociocultural Federico González o 6 de marzo.

Ás 11:00 horas, terá lugar a presentación do acto, seguida da actuación do Mago Paco nun espectáculo educativo titulado Unha maxia diferente.

Esta iniciativa, promovida polos Servizos Sociais do Concello de Meira, conta co apoio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes do Goberno de España. O Concello convida á veciñanza a participar nestes actos, que buscan poñer en valor a loita pola igualdade e os dereitos das mulleres a través da cultura e das artes escénicas.

0.11614108085632