Meira conmemora o Día Internacional da Muller con teatro no centro sociocultural Federico González

O Concello de Meira organiza unha programación especial para conmemorar o Día Internacional da Muller, cunha serie de representacións teatrais que se levarán a cabo no centro sociocultural Federico González os días 7 e 8 de marzo.
O venres 7 de marzo, ás 12:30 horas, terá lugar a presentación do acto, seguida da representación da obra de teatro Golpes, a cargo da compañía teatral Aantena.
O sábado 8 de marzo, ás 20:00 horas, repetirase a dinámica cunha nova presentación do acto e a representación da obra Don Ramón, interpretada polo grupo teatral Abrente.
Esta iniciativa, promovida polos Servizos Sociais do Concello de Meira, conta co apoio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes do Goberno de España. O Concello convida á veciñanza a participar nestes actos, que buscan poñer en valor a loita pola igualdade e os dereitos das mulleres a través da cultura e das artes escénicas.