Meira contará con ximnasia de mantemento para adultos a partir de novembro
TerraChaXa
O Concello de Meira organiza un obradoiro de memoria para adultos que se desenvolverá os luns, martes e venres.
19 Out 2022
O Concello de Meira contará cunha actividade de ximnasia de mantemento para adultos que se desenvolverá os luns e venres pola mañá e os martes pola tarde.
Esta actividade ten aberto o prazo de inscrición e admitirá un máximo de dez persoas por grupo e un mínimo de 5.
As clases, que serán gratuítas, está previsto que dean comezo no mes de novembro.
As persoas interesadas en anotarse poden facelo no teléfono 629 302 039 ou na casa da cultura local.
Están previstos dous grupos os luns e tamén os venres, con dúas clases de unha hora, ás 10.00 e ás 11.00. Os martes as sesións serán ás 16.00 e ás 17.00 horas.