Meira contará cun campamento dixital este verán

TerraChaXa
Trátase dunha formación de balde destinada a rapaces e rapazas de entre 9 e 13 anos
campamento-dixital-guitiriz
19 Jun 2025

A Casa da Cultura de Meira acollerá un campamento dixital para a mocidade durante a próxima semana. Trátase dunha actividade na que os asistentes aprenderán sobre competencias dixitais.

A formación é completamente de balde e está destinada á rapazada de entre 9 e 13 anos. As prazas son limitadas, polo que haberá que realizar unha inscrición previa na biblioteca municipal de Meira.

A formación desenvolverase do 23 ao 27 de xuño de 9.00 a 14.00 horas.

Os campamentos dixitais terán contidos e actividades adaptados para cada idade, con aventuras, misións e retos adaptados á cativada. En cada aventura, os participantes irán adquirindo novas competencias para utilizar a Internet e as ferramentas dixitais de xeito útil, creativo, seguro e responsable.

Por exemplo, aprenderán a buscar información de valor na Internet, coñecerán as ferramentas para crear contido dixital, consellos para controlar o tempo fronte ás pantallas ou a detectar e previr situacións de ciberacoso, entre outros aspectos.

⚙ Configurar cookies
0.17367005348206