Meira contará cun tren turístico a ponte de Santos
O Tren Turístico en Meira ofrécese como unha actividade gratuíta durante a Ponte de Santos, do 1 ao 3 de novembro, organizada polas asociacións meiregas en colaboración co Concello de Meira.
A temática céntrase na Reserva da Biosfera Terras do Miño, a paisaxe relacionada coa auga, o patrimonio natural, cultural, industrial e etnográfico. Tamén a posta en valor da toponimia e o coñecementos dos barrios e paisaxe meirega.
Os horarios das saídas desde a Praza do Concello son pola mañá ás 11.00 e ás 12.30 horas e pola tarde ás 15.30 e ás 17.00 horas.
Cada viaxe ten unha duración aproximada dunha hora e pode acoller ata 56 persoas por viaxe. As prazas non se reservan previamente, e ao remate de cada viaxe, os pasaxeiros deben baixar para dar espazo a novos, salvo que haxa prazas dispoñibles.
Este evento está financiado pola Deputación de Lugo e Terras do Miño, co apoio de Caixa Rural Galega e Natur Leite.
Ademais, haberá actividades complementarias como o magosto do venres 1 de novembro, xunto ao concerto da Praza Maior do grupo Arco da Vella. O sábado haberá teatro ás 19:00 na casa da Cultura coa obra Poeta en Nova York. Cine o domingo 3 de novembro ás 21:30 na casa da cultura coa película Salta.