Meira contará un ano máis co seu tradicional belén vivente
Meira contará este ano novamente cun belén vivente e coa cabalgata tradicional como actos centrais da celebración das festas de Nadal, organizadas en colaboración coa anpa do colexio e a confraría local.
A primeira cita coas celebracións será a do belén vivente, que terá as súas representacións o día 25 de decembro e o 6 de xaneiro, como todos os anos na igrexa de Santa María. Formarán parte deste belén os rapaces do colexio, que encarnarán as diferentes personaxes do nacemento, que volverá ter unha temática que unirá a todos.
Ademais, o día 5 de xaneiro terá lugar de nova a cabalgata de Reis, que sairá pola tarde dende a praza do concello e paseasará polas rúas de Meira ata o pavillón, onde os Reis Magos se sumarán á festa que se organiza para poder recoller as cartas dos pequenos e escoitar as súas peticións.
Como todos os anos, os Reis percorrerán o camiño ata o pavillón sobre as súas carrozas.