Meira continúa co ciclo de proxeccións de cine dos mércores de verán
Este mércores, 23 de agosto, continúa en Meira un Ciclo de cinema Ciclo Mestre Mateo. Está organizado pola Academia Galega do Audiovisual e máis a Deputación de Lugo.
A Asociación cultural M de Meira, xunto co Concello de Meira, colaboran poñendo os medios para que se poida ver no concello e seguirán as proxección mañá co filme Onde máis doe, documental dirixido por Manane Rodríguez onde se presenta a Marco M que, asasina a golpes de pa ao seu fillo de 11 anos, despois de ameazar durante anos á súa exparella.
Un ano despois un xurado popular condénao por asasinato, matar facendo uso pleno das súas facultades, e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar á nai. No feito no que nos baseamos concorren a violencia, o acoso, o asasinato dun neno para danar á nai e a ameaza de morte que aínda pende sobre a muller.
Este filme foi nominado ao Mestre Mateo ao Mellor Documental.
As proxeccións, que son ás 22.00 horas na casa da cultura baixo o título Mércores de Cine, continuarán o próximo mércores na localidade.