Meira convoca a carreira popular para o 10 de agosto
O Concello de Meira convoca a quinta edición da Carreira Popular Vila de Meira, que terá lugar o sábado 10 de agosto na vila a partir das 18.00 horas e con chegada á praza do Concello.
Esta cita deportiva contará cunha carreira absoluta, para maiores de 16 anos, que percorrerán 5,2 quilómetros, establecéndose tamén carreiras para as distintas categorías para os menores, que van dende os pitufos, para os nados entre 2020 e 2022, ata a de cadete, para os de 2009 e 20010.
As carreira dará comezo desde as 18.00 horas para os máis pequenos con saídas cada 5 ou 10 minutos e percorridos que van dende os 500 metros para os máis pequenos ata os 3 quilómetros dos cadetes.
A competición de adultos ten a súa saída ás 19.15 horas. Tamén se celebrará unha andaina na honra a Mercedes García (Merche), que fará o mesmo percorrido que a carreiras e sairán quince minutos antes.
A organización establece un prezo de inscrición só para os da absoluta que é de 5 euros para os que se apunten antes do 1 de agosto, despois será de 7 euros. O prazo remata o 5 de agosto.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba na praza do Concello de 12:00 a 18:00 horas.
Os premios consistirán en trofeo para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres da xeral e trofeo ou medalla para os tres primeiros de cada categoría.
Ademais a organización porá duchas a disposición dos atletas nas instalacións do pavillón municipal.