Meira convoca aos veciños para celebrar a noite de San Xoán
TerraChaXa
Haberá sardiñas e torresmos a partir das 20.00 horas
23 Xuño 2024
Continúa este ano en Meira a celebración do San Xoán, na tarde noite do día 23.
A partir das 20.00 horas os veciños da localidade están invitados a degustar unha sardiñada e unha torresmada que se celebrará na praza Maior, animados pola música dunha charanga.
A fogueiras serán novamente as protagonistas desta celebración. O concello avisa de que en caso de choiva esta sesión farase no Cabanón do Convento.