Meira convoca o seu concurso de disfraces para o luns 3 de marzo

TerraChaXa
Comezarán ás 19.30 horas cunha charanga e ás 22.00 arrancará o baile no pavillón municipal
máscara-Entroido-2
7 Feb 2025

O Concello de Meira celebrará luns 3 de marzo o concurso de Antroido, unha actividade tradicional nestas festas dentro dun programa que se dará a coñecer nos próximos días. A festa comezará ás 19:30 horas co pasarrúas da charanga Os Soriños, que encherá de cor e ambiente as rúas da vila.

A partir das 22:00 horas, o pavillón municipal de Meira acollerá o esperado concurso de disfraces e baile, que contará coa animación musical do grupo Os Adrianos.

O concurso ofrecerá premios en cinco categorías para as comparsas, parellas e disfraces individuais, e os premios irán desde os 300 euros ata os 30 euros.

As inscricións poden realizarse no Concello de Meira, de forma presencial ou telefonicamente, ata o propio día da concurso, que se fará no pavillón. Ademais da confección e a orixinalidade, o xurado tamén valorará a posta en escena.

Para máis información, as bases do concurso están dispoñibles na páxina oficial do Concello de Meira: www.concellodemeira.com.

antroido-concurso-meira
0.1765718460083