Meira deseña o seu programa de Semana Santa
A Confraría Nosa Señora do Pedregal e o Concello de Meira presentaron o programa de celebración da Semana Santa, que arrancará o día 24 coa tradicional bendición de ramos, ás 19.00 horas na praza Maior o acto relixioso que abrirá o programa que se prolongará ao luns coa celebración comunitaria da penitencia, ás 20.00 horas.
O Mércores Santo, ás 22.00 horas terá lugar a tradicional Tamborrada antes dos actos máis destacados do resto dos días.
O Venres Santo haberá dúas citas, o Vía Crucis será a partir das 12.00 horas entre a Igrexa e a Capela de San Roque e, pola tarde, ás 21.00 horas, realizarase a procesión do Santo Encontro.
EXPOSICIÓN
A igrexa de Santa María en Meira acollerá tamén unha exposición como é tradicional. Nesta ocasión quere facer unha exposición con fotos antigas de Semana Santa co título Lembranzas e Lugares. Así o obxectivo é recompilar imaes de sitios míticos da Casa Lombardero.
As persoas que queiran participar poden levar as súas imaxes á Oficina de Turismo, onde serán escaneadas. A data límite é o 10 de marzo, domingo.