Meira e Xermade contarán hoxe con concentracións contra as eólicas

TerraChaXa
O domingo 11 de decembro, Día Mundial das Montañas, ás 12.00 horas, terá lugar concentracións en Meira e Xermade.
manifestacion ecolica asi non portada
11 Dec 2022

O domingo 11 de decembro, Día Mundial das Montañas, ás 12.00 horas, terá lugar unha concentración na praza do Concello de Meira en protesta pola creación de macroparques eólicos por toda a xeografía galega e en defensa das montañas. Ao mesmo tempo a veciñanza afectada de Xermade e Guitiriz está convocada a outra que terá lugar á mesma hora diante da casa consistorial xermadina.

Estas concentracións están programadas para diferentes puntos de Galicia e convocadas pola coordinadora Eólica, Así non!

Meira será o punto de concentración do territorio afectado da Terra Chá oriental e as entidades convocantes son os veciños afectados, plataforma local Alto Miño Eólica Así Non, Sindicato Labrego Galego, Asociación Cultural M de Meira, Acea de Meira, Adega, Ecoloxistas en Acción Gaiza, Concello da Pastoriza e Concello de Meira.

Xermade acollerá á veciñanza da zona occidental da Chaira e o obxectivo é subir a medoña da Zaipa e a Silvera, lugares onde están proxectados aeroxeradores.

manifestacion ecolica asi non
0.13580894470215