Meira estrea a Campa do Plantío como novo espazo lúdico

TerraChaXa
O Presidente e o Alcalde de Meira inauguran a Campa do Plantío como un novo espazo público polivalente para a veciñanza grazas á Deputación
inauguracion campa plantio meira
29 Mar 2023

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o alcalde de Meira, Antonio de Dios Álvarez, inauguraron este martes a imaxe renovada da Campa do Plantío que se converte nun novo espazo público polivalente para a veciñanza grazas á achega de 288.000€ da institución provincial. Un acto no que se descubriu unha placa conmemorativa da posta en servizo desta nova dotación que ten 16.200 m2, que servirá para a celebración de todo tipo de actos, axudando a liberar o casco urbano do municipio.

José Tomé enmarcou este investimento no compromiso da Deputación coa cooperación cos concellos da provincia para que poidan dotar de máis e mellores servizos públicos á veciñanza. Neste sentido, subliñou que esta actuación “é moi importante para Meira porque ata o momento non tiña espazo habilitado destas características para celebrar os grandes eventos como a Feira de Exposicións ou a Festa da Xuventude, por exemplo”.  Así mesmo, conta con 200 novas prazas de aparcamento gratuíto, que eran moi necesarias para dar resposta ás necesidades que hai na localidade, axudando á actividade económica e social da localidade chairega.

Ademais, nesta zona instalarase a Unidade Móbil da ITV, que cando se dispón en Meira dá servizo aos municipios da contorna para a inspección de turismos, tractores e ciclomotores. Na actualidade víñase actualizando a rúa Fray Vidal para este fin cortando a circulación, ou a praza do Concello e a do Convento Cisterciense, coa incomodidade que iso supón para os veciños e as veciñas do municipio.

Así mesmo,  habilítase unha ampla zona de esparexemento e de deportes, cun campo de futbito, que se complementará cunha pista de baloncesto e outros elementos que dinamizarán a actividade deportiva na zona.

Esta nova dotación intégrase nun espazo no que se atopa a área de autocaravanas, o Centro de Atención a Maiores, o campo de bolos e billarda, entre outros lugares de interese do municipio. 

As obras consistiron en formigonar unha na parte máis elevada do terreo, prolongando así a rúa dos Colexios, dende o cruce coa rúa Fray Vidal, xusto en fronte do Centro de Atención a Maiores da Deputación. Tamén se dotou a zona de accesos peonís, alumeado público, plantáronse castiñeiros e fíxose un peche de madeira para integrar a obra na contorna. Ademais, dotouse de mobiliario público e instalouse unha fonte.

3M€ da Deputación en Meira

A Deputación de Lugo dedicou 3M€ desde o ano 2019 para dotar de máis e mellores servizos ós veciños e veciñas de Meira en colaboración co Concello. Boa parte destes recursos económicos achegados pola institución provincial foi destinada a renovar ou a dotar de novas infraestruturas a esta localidade, ademais de á posta en marcha do Centro de Atención a Maiores da localidade.

Así mesmo a institución aportou máis de 100.000€ para a rehabilitación e acondicionamento das instalacións do antigo bar Centro para convertelo nun novo espazo de dinamización cultural do municipio e da comarca; e preto de 50.000€ para a mellora do Centro Sociocultural. Tamén colaborou coa posta en valor da contorna do Pedregal de Irimia cun paseo fluvial para conectar esta zona co casco urbano ou coa adquisición dun novo vehículo para o parque móbil, entre outras actuacións. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1859929561615