Meira festexa o 20 o Entroido con concurso, festa e sorteo de agasallos

TerraChaXa
O Concello de Meira volverá celebrar este ano o Entroido de forma presencial o luns 20 de febreiro, cunha festa a partir das 19.30 horas.
cartaz entroido meira portada
7 Feb 2023

O Concello de Meira fixo público o seu programa de Entroido, que terá lugar o luns 20 de febreiro.

Así, a vila volverá contar co seu popular concurso de disfraces na tarde do luns. A celebración terá lugar no pavillón municipal. A festa dará comezo ás 19.30 horas con animación musical polas rúas da vila cunha charanga e a partir das 22.00 horas terá lugar o baile e desfile no pavillón animado pola música do dúo Época.

O concurso de disfraces terá lugar a media noite e contará un ano máis con 1.500 euros en premios. Así, as cinco primeiras comparsas recibirán 300, 150, 100, 60 e 40 euros respectivamente. Por parellas haberá 120, 90, 70, 50 e 30 euros en premios. En individual os premios serán de 110, 70, 50, 40 e 30 euros. Ademais, haberá un premio especial da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Meira por valor de 200 euros e un lote de produtos de ACEA Meira para o mellor disfrace meirego.

Por outra banda, ACEA sorteará antes do concurso, un lote de produtos de entroido. As rifas repartiranse nos locais asociados á ACEA coas compras que se fagan nos días previos ao sorteo.

As inscricións para o concurso realizarnse no Concello de Meira, de luns a venres, das 9.00 horas ás 14.00 horas, en persoa ou a través do telefóno 982 330 102, ou ben o mesmo día do desfile entre as 22.00 e as 24.00 horas.

cartaz entroido meira
0.098277807235718