Meira incorpora un ano máis os mecos ao seu programa de Entroido

TerraChaXa
Estes sairán á rúa o día 16 de febreiro e se queimarán o mércores de cinza
mecos-meira
2 Feb 2025

Regresa a Meira un ano máis o costume dos mecos polo Entroido e despois da celebración este domingo do Baile do Farolillo, que anuncia a proximidade do tempo de disfraces.

O domingo día 16 hai feira en Meira e despois desta, pola tarde, sairán á rúa os mecos ou espantallos que se foron elaborando por parte das asociacións, colectivos e veciñanza.

Estes mecos estarán expostos na rúa ata rematado o Entroido, o mércores de cinza, día 5 de marzo. Tamén ser farán públicos os Mandados do Meco, que é quen dirixe no Entroido. El dirá como deben vestirse a semana previa ao Entroido. Estas comunicacións sairán na web do Concello, na páxina de Facebook da Oficina de Turismo e no Taboleiro de Anuncios do Concello (a carón da Casa de Cortón, onde a Praza Maior).

O concello lembra que os mecos non deben interromper o paso dos veciños e non deben tampouco supoñer ningún perigo, xa que o domingo 2 de marzo tamén haberá feira.

Tradicionalmente, o meco representa a un personaxe público, normalmente vinculado ao mundo da política ou a igrexa e en moitas ocasións transformado nun porco con forma humana. Cos mecos búscase denunciar certas situacións que perturban a unha localidade. Desde fai séculos o meco caracteriza o Entroido galego en numerosas cidades como Vigo ou Santiago.

0.16649413108826