Meira inicia mañá un ciclo de proxeccións de cine os mércores de verán

TerraChaXa
O próximo mércores 19 de xullo comezamos un Ciclo de cinema Ciclo Mestre Mateo en Meira coa asociación cultural M de Meira.
CINE MEIRA MARIA CASARES PORTADA
18 Xul 2023

Este mércores, 19 de xullo, comeza en Meira un Ciclo de cinema Ciclo Mestre Mateo. Está organizado pola Academia Galega do Audiovisual e máis a Deputación de Lugo.

A Asociación cultural M de Meira, xunto co Concello de Meira, colaboran poñendo os medios para que se poida ver no concello e comezarán as proxección mañá co filme María Casares: a muller que vivíu mil vidas que conta a vida desta enorme actriz de cinema e teatro.

María Casares: A muller que viviu mil vidas propón unha aproximación íntima e profunda á vida desta muller extraordinaria; unha homenaxe desde a súa Galicia natal, á que nunca esqueceu, no primeiro centenario do o seu nacemento, a unha figura cegadora, magnética e fundamental nas artes escénicas da Europa do século XX.

As proxeccións, que serán ás 22.00 horas na casa da cultura baixo o título Mércores de Cine, continuarán o próximo mércores na localidade.

CINE MEIRA MARIA CASARES
0.20618391036987