Meira inicia o proceso para elexir un novo xuíz de paz
O Concello de Meira abre o prazo de presentación de candidaturas para o posto de xuíz de paz. Poderá presentarse a este posto calquera persoa interesada que deberá entregar a súa candidatura no Rexistro Xeral do Concello, acompañada dun currículum vitae expresivo da súa traxectoria profesional e académica.
Os candidatos deberán ter a nacionalidade española, seren maiores de idade, non acadar a idade legal e xubilación forzosa e non atoparse incursos nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que estabrece a Lei.
A proposta de elección realizarase polo alcalde e estará xustificada nos méritos académicos e profesionais alegados, e será elevada ao Pleno da Corporación para a súa aprobación por maioría absoluta.
O acordo do Pleno xunto con copia completa do expediente, será remitido á Secretaría de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para que pola Sala de Goberno do TSXG se proceda ao seu nomeamento.