Meira inicia o seu programa de Semana Santa
A Confraría Nosa Señora do Pedregal e o Concello de Meira arrancan a celebración da Semana Santa, que dará inicio o día 24 en Meira coa tradicional procesión e bendición de ramos, ás 19.00 horas, na praza Maior. O acto relixioso abrirá o programa que se prolongará ao luns 29 coa celebración comunitaria da penitencia, ás 20.00 horas.
A confraría do Cristo da Agonía e a Confraría da Esperanza xunto coa Confraría Nosa Señora do Pedregal de Meira irmándanse para o domingo de Ramos. Así, para celebrar a popular Semana Santa na Pontenova, o Domingo de Ramos, farase a bendición dos ramos na igrexa do Sagrado Corazón da Pontenova ás 12.30 horas.
O Mércores Santo, ás 22.00 horas terá lugar a tradicional Tamborrada antes dos actos máis destacados do resto dos días.
Xa o 28 de marzo, Xoves Santo, haberá misa ás 19.15 horas e a continuación, ás 19.45 horas, a Confraría Nosa Señora do Pedregal participará na procesión, acompañando ás confrarías pontenovesas e á banda de Cornetas e tambores da Asociación de Mulleres e Homes do Rural na Pontenova.
O Venres Santo haberá dúas citas, o Vía Crucis será a partir das 12.00 horas entre a Igrexa e a Capela de San Roque e, pola tarde, ás 21.00 horas, realizarase a procesión do Santo Encontro.
EXPOSICIÓN
A igrexa de Santa María en Meira acollerá tamén unha exposición como é tradicional. Nesta ocasión quere facer unha exposición con fotos antigas de Semana Santa co título Lembranzas e Lugares. Así o obxectivo é mostrar imaxes de sitios míticos da Casa Lombardero.