Meira licita a compra dun vehículo para a prestación de servizos municipais básicos
TerraChaXa
O Concello de Meira licita un contrato de subministro dun vehículo co que poder levar a cabo a prestación dos servizos municipais básicos.
13 Feb 2023
O Concello de Meira licita un contrato de subministro dun vehículo co que poder levar a cabo a prestación dos servizos municipais básicos relacionados coa subministración de auga potable a domicilio, evacuación de augas residuais, entre outros.
Poderán presentar as sús plicas todo o empresariado interesado e utilizarase para a adxudicación a mellora relación calidade-prezo.
A compra deste vehículo sae cun orzamento de 24.121 euros, en atención ao prezo do mercado actual consultadas varias marcas e modelo.
O Concello de Meira obtivo unha subvención de 22.000 euros por parte da Deputación para a compra deste vehículo co que poder prestar os servizos municipais básicos.