Meira prepara a súa I Festa do Cocido para o 9 de febreiro
TerraChaXa
Meiregos e meiregas están convidados a participar nesta festa que rende homenaxe a unha das tradicións culinarias de Galicia
22 Jan 2025
O próximo 9 de febreiro, o Polideportivo Municipal de Meira será o escenario da primeira edición da Festa do Cocido, unha celebración que busca converterse nun referente gastronómico na comarca e que nace con obxectivo de perpetuarse.
Meiregos e meiregas están convidados a participar nesta festa que rende homenaxe a unha das tradicións culinarias de Galicia. A partir das 13:00 horas, os asistentes poderán gozar dun delicioso cocido galego acompañado de boa música, sorpresas e actividades pensadas tamén para os máis pequenos da casa.
Este evento promete ser unha cita imprescindible no calendario festivo de Meira e o seu programa darase a coñecer en próximos días.