Meira prepárase para a XXXIII Festa da Malla


Meira acollerá os días 23 e 24 de agosto a XXXIII edición da Festa da Malla, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. A programación incluirá actividades culturais, tradicionais e gastronómicas para todos os públicos.
O venres 23, a partir das 12:30 horas na Praza Maior, proxectarase o documental “Secadores da Órrea en Terras de Castela”. Ademais, haberá un asentamento de maquinarias tradicionais, unha meda e un obradoiro do pan. O pregón correrá a cargo de Mario Outeiro e haberá actuacións de distintos grupos musicais.
O sábado 24, o día comezará con actuacións da Banda de Acordeóns de Meira, Banda de Gaitas da Escola de Música e grupos como Faisca da Pontenova e D’ Gache. Pola noite, ás 21:00 horas, está previsto o concerto do grupo Carunchos. Durante todo o día haberá xogos para nenos no Campo da Malla, exposición de maquinaria antiga e artesanía, ademais da tradicional queima da meda.
Tamén se poderá gozar dun cocido típico por 27 euros, que inclúe empanada, lacón, morro, orella, chourizo, patacas, garavanzos, repolo, sobremesa, viño, auga, pan, café e o prato de barro no que se serve. A degustación de buñuelos e viño será ás 12:00 horas.
A organización corre a cargo dos veciños e da Comisión de Festas de Meira, coa colaboración do concello de Meira, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, ABANCA e Cultura Deputación de Lugo.
