Meira prepárase para celebrar o Día da Muller con varios actos
Meira prepárase para vivir o 8M, Día da Muller, con dous actos centrais no seu programa, e a tradicional concentración.
Así, o día 10, domingo, abrirá no Cabanón Grande do Convento a exposición fotográfica de Mercedes Vázquez Saavedra, Mulheres.
Esta poderá visitarse na vila ata o 16 de marzo e o acto de inauguración da mesma terá lugar ese mesmo domingo ás 12.00 horas coa participación da autora, que estará acompañada por Tareixa e Marica Campos e Xulio Pardo de Neyra.
A outra cita desta semana dedicada á muller será un recitar, que terá lugar do venres 15, ás 20.00 horas, coa participación de Xesús Trashorras, Manuel Vázquez, Sonia Melón, Xesús Bermúdez Tellado, Xulio Pardo de Neyra, Fernando Juan así como as asociacións Poeta Avelino Díaz e a Plataforma Feminista.
Precisamente a Plataforma Feminista organizará o día 8 de marzo o tradicional acto de lectura do manifesto a partir das 11.25 horas.
A continuación, e seguindo unha tradición, os alumnos de 4º da ESO do IES Pedregal de Irimia realizarán a actividade Diálogo Interxeracional diante da veciñanza no centro sociocultural Federico González.
Finalizará o acto coa actuación de Branca Villares.