Meira prepárase para celebrar o martes o 25N

TerraChaXa
A xornada rematará coa representación do espectáculo 'Cambia o Conto', unha proposta escénica centrada na sensibilización e na igualdade
25N-violencia-de-xenero-meira
24 Nov 2025

O Concello de Meira anunciou a celebración dun acto reivindicativo o vindeiro 25 de novembro, data na que se conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A organización anima á veciñanza a vestirse de negro como símbolo de loita e repulsa contra todas as violencias.

O encontro terá lugar ás 11:00 horas na Praza do Concello, aínda que, en caso de choiva, trasladarase ao Cabanón. Durante o acto procederase á lectura da declaración institucional da FEGAMP, así como dun manifesto elaborado pola Plataforma Feminista da contorna. Tamén se dará espazo para que todas as persoas que o desexen poidan ler os seus propios manifestos.

A xornada rematará coa representación do espectáculo Cambia o Conto, unha proposta escénica centrada na sensibilización e na igualdade. O evento está promovido polos Servizos Sociais do Concello de Meira coa colaboración de diferentes entidades públicas.

⚙ Configurar cookies
0.067714929580688